Educación Secundaria Obrigatoria
Ciclos Medios
Ciclos Medios
Ciclos Medios
Ciclos Medios

Erasmus Irlanda 2020

A Federación de Escolas Agrarias de Galicia ten como misión a formación de mozos rural para que sexan actores locais e participen activamente no desenvolvemento rural do seus territorios. Desde a nosa institución levamos realizando estancias profesionais en varios países da UE durante 27 anos. A mobilidade de estudantes forma parte da nosa forma de ser, contamos con varios proxectos Erasmus K2 e Proxectos Interreg H2020.
Aproveitando estas sinerxías de proxectos europeas establecemos contacto con empresas do medio rural de Irlanda onde os alumnos poden realizar estadías profesionais.

Este proxecto K103 está vinculado ao Ciclo Superior de Gandería e Asistencia en Sanidade Animal e Paisaxismo e Medio Rural, cuxos alumnos na súa maioría proceden do medio rural da comunidade autónoma de Galicia.

Dentro do programa Erasmus o noso proxecto denominámolo Young Farmers e o pais de acollida é Irlanda,centrando a maior parte das mobilidades no sur concretamente no condado de Cork. Os motivos polos cales eliximos esta zona de Europa son:

  • Irlanda é un país cun medio rural forte e con moito peso na economía.
  • Teñen un modelo de produción láctea innovador e dinámico.
  • Posúen unha cultura popular e un idioma moi interesante para que os nosos alumnos aprendan.

Os obxectivos que se alcanzaron foron:

  • Adquiriron competencias profesionais gandeiras e agrícolas: Os mozos estiveron en explotacións gandeiras punteiras nun país onde o sector agropecuario modernizouse moito no últimos trinta anos e hoxe é moi eficiente. O 18% do total do chan de Irlanda dedícase a pasteiros, terra de cultivo ou pastos de montaña; o gando vacún de carne predomina nas chairas centrais e o gando vacún leiteiro no sur. A cría de gando porcino tamén é importante acostumandose atopar gando lanar nos accidentados pasteiros das montañas.
  • Mellorar o desenvolvemento persoal: As habilidades adicionais como a tolerancia, a confianza, habilidades para resolver problemas, a curiosidade, o coñecemento propio das nosas fortalezas / debilidades, e a capacidade de tomar decisións,adquiríronse a través deste programa de educación non formal. Ao longo da estancia en Irlanda tiveron unha actitude positiva fronte aos problemas e a adaptación ao territorio permitiulles expandir os seus horizontes. A convivencia nas 11 familias do medio rural de acollida, o seu proceso de adaptación, a súa integración na vida familiar foi clave para o éxito desta experiencia profesional Irlandesa.
  • Mellora da Empregabilidade: Estas melloras profesionais e persoais fixo mellorar a súa empregabilidade. O 40% dos mozos incorporáronse xa ao mercado laboral e o restante vai comezar en poucos meses ao terminar a súa formación. Empresas locais e cooperativas necesitan e demandan porfesionais con esta experiencia ERASMUS para axudarlles a levar a cabo o seu desenvolvemento internacional e nacional.
  • Melloraron as competencias na lingua Inglesa: A nivel de comprensión e falado incrementouse o seu nivel o que lles permite ter máis opcións de traballo nunha empresa de ámbito internacional; grazas a dous factores importante; a convivencia na familia e a súa inmersión profesional nunha empresa.
  • Aumentou a conciencia e comprensión da cultura irlandesa e consolidou os contactos e redes internacionais: Grazas a este proxecto establecemos e consolidamos a nosa relación coas institucions e cooperativas agroalimentarias en Irlanda ( https://www.dairygold.ie/ ou ) asociacións de produtores de leite, administración local da cidade de Malow ou Mullingar.
  • Reforzar as sinerxias e transicións entre a educación formal, non formal, formación profesional, emprego e emprendeduría: Os participantes estaban a cursar a formación profesional regrada de CFGS GASA que unido a estas competencias e habilidades sociais adquiridas no proxecto Erasmus fixo que a súa empregabilidade e emprendeduria véxase reflectida nos resultados do proxecto como indicamos anteriormente.
  • Recoñecemento das competencias adquiridas en períodos de aprendizaxe no estranxeiro: O recoñecemento das competencias adquiridas profesionais e a lingüisticas, no seu conxunto a participación nun proxecto Erasmus foi un factor crave no programa de formación. Reconocimiento a Formación en Centros de Traballo (FCT) o Certificado Europass ou o CERTIFICADO DE EMPRESA IRLANDESA onde realizaron as prácticas son as súas credenciais do programa ERASMUS.
  • Potenciar a dimensión Internacional, a cooperación política europea: Este proxecto onde a acción desenvólvese no medio rural, con empresas agrogandeiras irlandesas nun contexto que os mozos poden comprender mellor, asociaciar a medio rural galego de onde eles proveñen permite mellorar esa dimensión e cohesión europea das presentes xeracións de mozas..

Proxecto Paisaxismo e Medio Rural

Acondicionamento Xardíns Escola Unitaria

Curso Reproducción Bovina

José Silva

Curso Reproducción Bovina

Zoe Losada

Curso Reproducción Bovina

Ainara González

Curso Reproducción Bovina

Manuel Fernández

Curso Reproducción Bovina

Daniel Martínez

Unha institución ao carón do medio rural!

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Cristina Pousada

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Iván Trillo

Educación Secundaria Obrigatoria

Apostando polo éxito escolar na ESO

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Nerea Arneiros

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Javier Cumplido

Please publish modules in offcanvas position.

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.