Buscas unha ESO diferente? Descubre Fonteboa!
Servizo de transporte
4 rutas: Arteixo, Ponteceso, Camariñas e Mazaricos
Ampliación Horaria
[08:30 - 17:50]
Estudo na escola
2 horas ao día
Servizo de comedor
Cociña propia
Comunicación Directa
Titor/a - familia
Actividades / Orientación
Actividades complementarias e orientación profesional
A EFA Fonteboa conta cun Proxecto Educativo ambicioso, que non se ciñe ao estritamente académico. Os anos durante os que se cursa a ESO son especialmente importantes na formación da personalidade na adolescencia, polo que na EFA préstase a mesma atención aos aspectos académicos e educativos:
- Seguimento persoal:
Dende o primeiro día en Fonteboa, cada alumno e alumna dispón dun titor/a persoal, co que pode falar en todo momento, que se preocupa de que a etapa que comeza na escola sexa un tempo de crecemento persoal. - Fonteboa Plus:
É un programa que pretende formar ao alumnado, que sexan boas persoas e teñan un carácter ben definido. - Estudo diario:
Axuda a coller o hábito de traballo diario, levar as materias ao día, organizar as tarefas e preparar mellor os exames. - Servizo de Comedor:
En Fonteboa contamos cun servizo de comedor con persoal de cociña propio. Ademais, dado o extenso horario da escola, ao alumnado ofrecémoslle un bocadillo pola mañá e froita pola tarde. - Visitas de estudo:
Ao longo do curso, realízanse un mínimo de tres visitas de estudo a empresas para coñecer o traballo que se leva a cabo nos diferentes sectores da economía. - Job Shadowing:
O obxectivo principal é mellorar a orientación académico-profesional do alumnado descubrindo o mundo laboral mediante estadías en empresas.