Educación Secundaria Obrigatoria
Ciclos Medios
Ciclos Medios
Ciclos Medios
Ciclos Medios

CFGS Acondicionamento Físico

Ciclo Superior en Acondicionamento Físico

(Semipresencial)

"Formamos profesionais comprometidos co rural, que apostan por quedarse e construír unha Galicia activa, saudable e con futuro.”


Por que escoller este programa... e por que en EFA Fonteboa?

Fórmate como profesional do acondicionamento físico, con saídas laborais reais no teu entorno.

Poderás desenvolver a túa carreira tanto no eido público como no privado, traballando en ximnasios, clubes ou asociacións deportivas locais, entidades municipais, padroados deportivos ou servizos dos concellos.

Nunha Galicia cun tecido rural forte e unha poboación envellecida, o teu perfil será clave en centros xerátricos, residencias, centros sociais e programas de envellecemento activo.

Tamén atoparás oportunidades en balnearios, casas rurais, hoteis, cámpings ou empresas de turismo activo que apostan polo deporte como valor engadido.

Ademais, poderás colaborar con federacións deportivas, grandes empresas que ofrecen servizos de benestar ao seu persoal ou integrarte en iniciativas promovidas por deputacións ou pola Xunta de Galicia. Desde o primeiro día, formaraste en contacto directo co contorno laboral, realizando prácticas en empresas que converterán a túa aprendizaxe nunha experiencia práctica e real. Así, comezarás a desenvolver o teu propio proxecto profesional sobre unha base sólida.

FP Dual

No segundo curso, terás a oportunidade de incorporarte a unha empresa, onde continuarás a túa formación mentres cotizas á Seguridade Social. Esta modalidade permitirache adquirir experiencia directa e un coñecemento máis profundo do sector.

1. Duración:
2000h (semipresencial)

2. Debes cumprir algúns dos seguintes requisitos.

  • Bacharelato
  • Técnico Superior de Formación Profesional, Técnico Especialista ou título universitario de grao ou equivalente.
  • Técnico de Grao Medio de Formación Profesional.

Ter superado:

  • Curso de Orientación Universitaria (COU)
  • Proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior.
  • Unha oferta formativa de grao C incluída no ciclo formativo.

3. Saídas profesionais:

  • Adestrador/a persoal.
  • Adestrador/a de acondicionamento físico nas salas de adestramento polivalente de ximnasios ou polideportivos e en instalacións acuáticas. Tamén para grupos con soporte musical.
  • Instrutor/a de actividades de acondicionamento físico para colectivos especiais (persoas con discapacidade, terceira idade, mulleres embarazadas, persoas en rehabilitación física, patoloxías crónicas, colectivos en risco de exclusión social ou con problemas de saúde mental).
  • Instrutor/a de grupos de hidrocinesia e coidado corporal.
  • Promotor/a de actividades de acondicionamento físico.
  • Animador/a de actividades de acondicionamento físico.
  • Coordinador/a de actividades de acondicionamento físico e hidrocinésica.
  • Monitor/a de aeróbic, step, ciclo indoor, fitness acuático e actividades afíns.

4. Seguir estudando:

Ámbito da formación profesional:

  • Técnico Superior en Ensino e Animación Sociodeportiva.
  • Técnico Superior en Dietética.
  • Técnico Superior en Integración Social.
  • Técnico Superior en Educación Infantil.

Ámbito universitario:

  • Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte.
  • Fisioterapia, Podoloxía, Nutrición e Dietética, Terapia Ocupacional, Óptica e Optometría, Logopedia.
  • Ciencias da Educación.
  • Ciencias Ambientais e Ecoloxía.
  • Traballo Social, Relacións Laborais e Recursos Humanos, Socioloxía, Ciencia Política e Relacións Internacionais.

5. Módulos:

  • Inglés profesional (GS)
  • Valoración da condición física e intervención en accidentes
  • Actividades básicas de acondicionamento físico con soporte musical
  • Control postural, benestar e mantemento funcional
  • Sustentabilidade aplicada ao sistema produtivo
  • Itinerario persoal para a empregabilidade I
  • Habilidades comunicativas en lingua estranxeira (GS)
  • Afondamento nas competencias profesionais (GS)
  • Habilidades sociais
  • Fitness en sala de adestramento polivalente
  • Actividades especializadas de acondicionamento físico con soporte musical
  • Técnicas de hidrocinesia
  • Proxecto intermodular de acondicionamento físico
  • Dixitalización aplicada aos sectores produtivos (GS)
  • Itinerario persoal para a empregabilidade II
Solicitude de Información / Praza

Proxecto Paisaxismo e Medio Rural

Acondicionamento Xardíns Escola Unitaria

Curso Reproducción Bovina

José Silva

Curso Reproducción Bovina

Zoe Losada

Curso Reproducción Bovina

Ainara González

Curso Reproducción Bovina

Manuel Fernández

Curso Reproducción Bovina

Daniel Martínez

Unha institución ao carón do medio rural!

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Cristina Pousada

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Iván Trillo

Educación Secundaria Obrigatoria

Apostando polo éxito escolar na ESO

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Nerea Arneiros

Experiencias de Alumnos e Profesionais

Javier Cumplido

Please publish modules in offcanvas position.

We use cookies

Usamos cookies en nuestro sitio web. Algunas de ellas son esenciales para el funcionamiento del sitio, mientras que otras nos ayudan a mejorar el sitio web y también la experiencia del usuario (cookies de rastreo). Puedes decidir por ti mismo si quieres permitir el uso de las cookies. Ten en cuenta que si las rechazas, puede que no puedas usar todas las funcionalidades del sitio web.